Friday 17 de May de 2024

Ata 200 vehículos poderán gozar da película “ Grease” nun autocine en Miño


A proxección levará a cabo no triángulo da praia Grande mañá, xoves 27 de agosto ás 22:30 h, con apertura de portas ás 21:30 h.

O Concello de Miño continúa no seu afán por potenciar a cultura e o lecer nestes tempos de pandemia poñendo ao dispor dos seus veciños e veciñas un autocine situado no triángulo da praia Grande. As persoas que desexen acudir á proxección poderán facelo o xoves 27 de agosto a partir das 21:30 h.
O recinto, con aforo para un máximo de 200 vehículos, contará ademais cunha serie de cadeiras para as persoas que non dispoñan de automóbil ou non desexen desprazarse nel, sendo indispensable neste caso acudir cun teléfono móbil con auriculares. O filme que se proxectará será “ Grease”, o clásico de cinema de finais dos 70 protagonizado por John Travolta e Olivia Newton-John.
Desde o Concello destacan que, tras o éxito doutras iniciativas pasadas, isto é un paso máis na súa intención de que Miño continúe sendo exemplo e vangarda no lecer nestes complicados momentos. Ofertas como a desta proxección apoian e cumprirán todas as restricións e medidas de seguridade esixidas polos protocolos COVID-19, asegurando así o pasar unha estupenda e segura velada a todos os veciños e veciñas que decidan acudir.